CONTOS DE NADAL
Dende o Equipo de biblioteca fixemos unha selección de contos de Nadal e tamén decoramos a Biblioteca.
25 de novembro.
Un ano máis, polo día Internacional da eliminación da Violencia contra a Mulleres quixemos concienciar aos nos@s alumn@s mediante a lectura e visionado de contos sobre esta temática.
Tamén contamos cunha exposición de murais conmemorativos na entrada e e unha recopilación de libros pola igualdade e concienciación da violencia de xénero.
Este curso volvemos participar no programa "Maletas Viaxeiras" da Asesoría de bibliotecas escolares. A primeira maleta é "Por unha biblioteca inclusiva" que presenta unha selección moi coidada de títulos que achegan unha mirada inclusiva da realidade e, por tanto, poden servir para traballar estes contidos en actividades de biblioteca e de aula.
DIA DA FAMILIA
Ademais tivemos unha exposición de libros sobre a familia na entrada do cole, dando a coñecer os libros que temos desta temática.
Obradoiros de banda deseñada.
A temática do proxecto educativo, deste curso, do Equipo da Biblioteca e de Dinamización da Lingua Galega é a Banda deseñada, por iso recibimos a visita de dous grandes ilustradores e debuxantes de cómic: Xulia Pisón e Jorge Campos.
Ensináronnos a debuxar diferentes personaxes e así facer un gran cómic que é o noso traballo final do proxecto.Ademáis faláronnos dalgúns dos seus cómics “Microalgas. O mundo oculto” de Xulia e “O capitán Lentella” de Jorge. Agradecémoslles a súa visita, a súa amabilidade e cercanía.
Conmemoración do 8 M
Coma todos os anos dende o noso centro conmemoramos o 8 de marzo para apoiar a loita das mulleres pola súa participación na sociedade e o seu desenvolvemento íntegro como persoa, en pé de igualdade co home. Queremos que as nosas nenas non deixemde loitar e se sintan libres de pensar e actuar como queiran nun mundo cos mesmos direitos que os nenos.