mércores

        PROXECTO DA BIBLIOTECA 2024-25

 A biblioteca continúa a ser un elemento dinamizador da maioría das actividades, que contribúe á formación multidisciplinar do alumnado.

Este curso eliximos como proxecto da biblioteca “ As escritoras contemporáneas, elas escriben o futuro”. Este proxecto estivo moi relacionado ca participación no programa 21 Días co Galego e + , que convertíu a biblioteca nun lugar de contacontos , regueifas, obradoiros, charlas en galego…escenario de vídeos que tivemos que presentar. Tamén estivo relacionado co proxecto de dinamización das
Cantareiras, sendo lugar de ensaio das cantigas, de lectura de cantigas, gravacións, dotando o centro de libros destas temáticas, decorando o centro, entre outras cousas.
Con motivo do programa 21 Días co Galego e + cada clase tocoulle unha escritora
galega contemporánea e tiveron que traballar sobre elas, por medio dos seus contos e novelas, visionado de vídeos e tamén decoraron cada porta da clase con debuxos e imaxes de cada escritora asignada. Foron un total 19
escritoras: Eva Mejuto, Paula Carballeira, Berta Dávila, Teresa Moure, María Solar, Ana Meilán, Ledicia Costas, Andrea Maceiras, Fina Casalderrey, Marica Docampo, Beatriz Maceda Abelairas, María Reimóndez, Antía Yáñez, Antía Yáñez, Rosa Aneiros, Marilar Aleixandre, Yolanda Castaño, Inma López Silva, María Xosé Queizán e Xulia Pisón.

MARICA CAMPO

A temática do proxecto da Biblioteca deste ano é "Escritoras contemporáneas, elas escriben o futuro". Por iso foi unha fortuna recibir, como colofón deste proxecto, a visita da gran escritora lucense Marica Campos. 

Foi un pracer escoitala. Contounos aventuras destes estes anos como escritora, mestra e poeta. E respondeu con moitísimo cariño todas as preguntas do nos alumnado.  

Ademáis un dos seus libros "E Xoel aprendeu a voar" foi elidido polo alumnado de 5º para o club de lectura que comenzamos este ano.

Agradecémoslles a súa visita, a súa amabilidade e cercanía.

xoves

CLUB DE LECTURA


 A creación do Club de Lectura, foi moi ben acollida. O noso club está formado por varios grupo de

lectores que se reuniron para comentar o libro que todos escolleran entre todos dunha serie de lecturas

propostas pola coordinadora. O final a organización dos cursos foi diferente do establecido e o fixemos, para

2º, 4º e 5º. As reunións foron na Biblioteca, nunha sesión no recreo cada mes. A coordinadora encargouse

de moderar as sesións, expor preguntas que estimulasen a intervención de todos os membros do grupo e

organizar actividades referentes as lecturas seleccionadas. Para as lecturas escollemos colección de libros

da biblioteca, un cómic que triunfa no nosos cole “O capitán lentella”, o curso pasado tivemos a sorte de

facer un obradoiro de banda deseñada con Jorge Campos e foi un éxito e como os seus debuxos triunfan

no noso cole o alumnado de 4º escolleu “Xulia Belavista,detective animalista” de Diego Ameixeiras,

pero con ilustracións de Jorge Campos e para 5º “E Xoel aprendeu a voar” de Marica Campo que nos

vai visitar o mércores 11 de xuño.

 17 de Maio.



 Para conmemorar o “Día das letras galegas” fixemos unha exposición na entrada dunha selección de libros e carteis sobre as homenaxeadas este ano: as cantareiras e a poesía popular oral, representadas por Adolfina e Rosa Casás, Eva Castiñeira, Prudencia e Asunción Garrido e Manuela Lema. Tamén fixemos unha actuación no patio, catamos unha cantiga infantil e outra primaria que preparamos no obradoito, ademáis contamos ca actuación dunhas cantareiras moi especiais da nosa comunidade educativa.

martes

 Día do libro



Como cada ano no noso centro celebramos o Día do libro da mellor maneira... lendo contos!!! Os maiores do cole leen un conto os máis pequenos, unha actividade que lles encanta porque pasados uns anos os pequenos serán os maiores e farán o mesmo. Para conmemorar este día tamén fixemos unha exposición na entrada de fotografías do alumnado e mestr@s posando cun libro dunha escritora galega acompañadas dunha selección de libros de escritoras e escritores galegos.




mércores

 DÍA INTERNACIONAL DO TEA


Con motivo do día internacional do TEA (2 de abril) dende a biblioteca propuxemos a lectura de contos sobre esta temática clasificados por cursos.



xoves

DÍA DA POESÍA

O Día Mundial da Poesía conmemora unha das formas máis prezadas da expresión e identidade e lingüística da humanidade. A poesía,fala da nosa humanidade común e dos nosos valores compartidos, transformando o poema máis simple nun poderoso catalizador do diálogo e a paz. Neste curso adicado as escritoras galegas contemporáneas, fixemos unha recopilación de libros de poetas contemporáneas.

venres


DÍA DA ALTA CAPACIDADE



 Con motivo do día da ALTA CAPACIDADE (14 de MARZO) dende a biblioteca propuxemos a lectura de contos sobre esta temática clasificados por cursos.



domingo

 8 M , día da MULLER

Coma todos os anos dende o noso centro conmemoramos o 8 de marzo.  Fixemos unha exposición na entrada das 19 escritoras escollidas, cunha selección de libros destas escritoras contemporáneas entre outras, provomendo así a lectura de libros actuais escritos por mulleres. E promovemos a lectura de diferentes contos que tratan esta temática, como "Os pantalóns de Luisa" conto que fala dunha nena valente que loitou polo que cría xusto e defendeu a igualdade das mulleres. 

Algunhas clases fixeron debuxos das mulleres da súa vida.


luns




              Programa 21 días co galego e +




Esta iniciativa de dinamización lingüística nace para que o alumnado fale máis o galego e perfeccione o seu uso dentro e fóra das aulas e que, alén diso, analice a súa relación coas linguas que coñece, e máis concretamente coa nosa, para ver cal é o lugar que ocupa ou pode ocupar na súa vida. A través de este programa fomentamos o uso do galego no noso centro facendo vídeos para dar a coñecer a nosa comunidade educativa, interviñeron en programas de radio galega, recitado de poemas, obras de teatro... deu moito traballo durante varios meses pero o alumnado desfrutouno moitísimo.

domingo

 

Día de Rosalía De Castro.




 Con motivo do día de Rosalía De Castro (23 de febrero), os alumn@s de 1º e 2º fixeron un vídeo recitando diferentes poemas da autora.

mércores


DÍA DA PAZ


 Con motivo do día da PAZ  (30 de xaneiro) dende a biblioteca propuxemos a lectura sobre temas relacionado ca PAZ(a guerra, o bulling, a emigración,...) ,asignamos un libro para cada clase.

domingo

 

Maleta viaxeira Banda deseñada



A maleta viaxeira de banda deseñada e das que máis lles gusta o noso alumnado.  

 CONTOS DE NADAL


Dende o Equipo de biblioteca fixemos unha selección de contos de Nadal e tamén decoramos a Biblioteca.

martes

DIA da Diversidade funcional 

Con motivo do día da diversidade funcional dende a biblioteca propuxemos a lectura sobre esta temática dun libro para cada clase.


venres

 

                             SAMAÍN


Con motivo da celebración da festa do Samaín, dende a biblioteca contamos cun recuncho de libros de SAMAÍN para todos os cursos.  

 

  25 de novembro.



     Un ano máis, polo día Internacional da eliminación da Violencia contra a Mulleres quixemos concienciar aos nos@s alumn@s mediante a lectura e visionado de contos sobre esta temática.  

     Tamén contamos cunha exposición de murais conmemorativos na entrada e e unha recopilación de libros pola igualdade e concienciación da violencia de xénero.

martes

Maleta viaxeira 

Por unha biblioteca inclusiva .




 Este curso volvemos participar no programa  "Maletas Viaxeiras" da Asesoría de bibliotecas escolares. A primeira maleta é "Por unha biblioteca inclusiva" que presenta unha selección moi coidada de títulos que achegan unha mirada inclusiva da realidade e, por tanto, poden servir para traballar estes contidos en actividades de biblioteca e de aula. 

Visita de Ana Meilán


Hoxe tivemos a sorte de contar con Ana Meilán, escritora
lucense de contos que triunfan no noso cole, o curso pasado ata fixeron unha obra de teatro do seu
conto “Un universo na túa maleta”. Ana, ademáis de ser una gran escritora que da gusto escoitar, é
nai dunha alumna de infantil do cole o que fai a súa visita máis especial.