PROXECTO DA BIBLIOTECA 2024-25
A biblioteca continúa a ser un elemento dinamizador da maioría das actividades, que contribúe á formación multidisciplinar do alumnado.
Este curso eliximos como proxecto da biblioteca “ As escritoras contemporáneas, elas escriben o futuro”. Este proxecto estivo moi relacionado ca participación no programa 21 Días co Galego e + , que convertíu a biblioteca nun lugar de contacontos , regueifas, obradoiros, charlas en galego…escenario de vídeos que tivemos que presentar. Tamén estivo relacionado co proxecto de dinamización das
Cantareiras, sendo lugar de ensaio das cantigas, de lectura de cantigas, gravacións, dotando o centro de libros destas temáticas, decorando o centro, entre outras cousas.
Con motivo do programa 21 Días co Galego e + cada clase tocoulle unha escritora
galega contemporánea e tiveron que traballar sobre elas, por medio dos seus contos e novelas, visionado de vídeos e tamén decoraron cada porta da clase con debuxos e imaxes de cada escritora asignada. Foron un total 19
escritoras: Eva Mejuto, Paula Carballeira, Berta Dávila, Teresa Moure, María Solar, Ana Meilán, Ledicia Costas, Andrea Maceiras, Fina Casalderrey, Marica Docampo, Beatriz Maceda Abelairas, María Reimóndez, Antía Yáñez, Antía Yáñez, Rosa Aneiros, Marilar Aleixandre, Yolanda Castaño, Inma López Silva, María Xosé Queizán e Xulia Pisón.
Ningún comentario:
Publicar un comentario