mércores
MARICA CAMPO
A temática do proxecto da Biblioteca deste ano é "Escritoras contemporáneas, elas escriben o futuro". Por iso foi unha fortuna recibir, como colofón deste proxecto, a visita da gran escritora lucense Marica Campos.
Foi un pracer escoitala. Contounos aventuras destes estes anos como escritora, mestra e poeta. E respondeu con moitísimo cariño todas as preguntas do nos alumnado.
Ademáis un dos seus libros "E Xoel aprendeu a voar" foi elidido polo alumnado de 5º para o club de lectura que comenzamos este ano.
Agradecémoslles a súa visita, a súa amabilidade e cercanía.
xoves
CLUB DE LECTURA
A creación do Club de Lectura, foi moi ben acollida. O noso club está formado por varios grupo de
lectores que se reuniron para comentar o libro que todos escolleran entre todos dunha serie de lecturas
propostas pola coordinadora. O final a organización dos cursos foi diferente do establecido e o fixemos, para
2º, 4º e 5º. As reunións foron na Biblioteca, nunha sesión no recreo cada mes. A coordinadora encargouse
de moderar as sesións, expor preguntas que estimulasen a intervención de todos os membros do grupo e
organizar actividades referentes as lecturas seleccionadas. Para as lecturas escollemos colección de libros
da biblioteca, un cómic que triunfa no nosos cole “O capitán lentella”, o curso pasado tivemos a sorte de
facer un obradoiro de banda deseñada con Jorge Campos e foi un éxito e como os seus debuxos triunfan
no noso cole o alumnado de 4º escolleu “Xulia Belavista,detective animalista” de Diego Ameixeiras,
pero con ilustracións de Jorge Campos e para 5º “E Xoel aprendeu a voar” de Marica Campo que nos
vai visitar o mércores 11 de xuño.
17 de Maio.
Para conmemorar o “Día das letras galegas” fixemos unha exposición na entrada dunha selección de libros e carteis sobre as homenaxeadas este ano: as cantareiras e a poesía popular oral, representadas por Adolfina e Rosa Casás, Eva Castiñeira, Prudencia e Asunción Garrido e Manuela Lema. Tamén fixemos unha actuación no patio, catamos unha cantiga infantil e outra primaria que preparamos no obradoito, ademáis contamos ca actuación dunhas cantareiras moi especiais da nosa comunidade educativa.
martes
Día do libro
Como cada ano no noso centro celebramos o Día do libro da mellor maneira... lendo contos!!! Os maiores do cole leen un conto os máis pequenos, unha actividade que lles encanta porque pasados uns anos os pequenos serán os maiores e farán o mesmo. Para conmemorar este día tamén fixemos unha exposición na entrada de fotografías do alumnado e mestr@s posando cun libro dunha escritora galega acompañadas dunha selección de libros de escritoras e escritores galegos.
mércores
xoves
venres
domingo
Coma todos os anos dende o noso centro conmemoramos o 8 de marzo. Fixemos unha exposición na entrada das 19 escritoras escollidas, cunha selección de libros destas escritoras contemporáneas entre outras, provomendo así a lectura de libros actuais escritos por mulleres. E promovemos a lectura de diferentes contos que tratan esta temática, como "Os pantalóns de Luisa" conto que fala dunha nena valente que loitou polo que cría xusto e defendeu a igualdade das mulleres.
Algunhas clases fixeron debuxos das mulleres da súa vida.
luns
Esta iniciativa de dinamización lingüística nace para que o alumnado fale máis o galego e perfeccione o seu uso dentro e fóra das aulas e que, alén diso, analice a súa relación coas linguas que coñece, e máis concretamente coa nosa, para ver cal é o lugar que ocupa ou pode ocupar na súa vida. A través de este programa fomentamos o uso do galego no noso centro facendo vídeos para dar a coñecer a nosa comunidade educativa, interviñeron en programas de radio galega, recitado de poemas, obras de teatro... deu moito traballo durante varios meses pero o alumnado desfrutouno moitísimo.