venres

 

CELEBRAMOS O DÍA DAS FAMILIAS!

O pasado 15 de maio, con motivo do Día Internacional das Familias, a nosa biblioteca escolar quixo sumarse a esta celebración cunha proposta moi especial.

📚 Familias de conto!

Preparamos unha exposición bibliográfica cunha selección de libros dedicados ás familias, na que o alumnado puido descubrir historias que nos achegan a diferentes realidades familiares.

A través dos contos e das súas personaxes, lembramos que existen moitas formas de ser familia e que todas merecen o mesmo respecto e cariño.

💛 Porque cada familia é única e todas teñen unha historia que contar!

Unha pequena exposición para celebrar a diversidade, o amor, o respecto e a importancia das persoas que nos acompañan e coidan cada día.

Feliz Día das Familias! 📖❤️









Ningún comentario:

Publicar un comentario