venres

 

ILLA VERDE EN ACCIÓN POLO PLANETA!

O pasado 5 de xuño, coincidindo co Día Mundial do Medio Ambiente, no CEIP Illa Verde celebramos unha xornada moi especial para poñer o broche final ao noso proxecto documental integrado «Illa Verde en acción polo planeta».

Ao longo do curso aprendemos que todos e todas podemos contribuír ao coidado do noso planeta con pequenos xestos e grandes ideas. E que mellor maneira de celebralo que compartindo todo o que descubrimos!

🌱 Unha celebración chea de creatividade!

O alumnado dos diferentes cursos participou con propostas moi variadas:

-  Infantil, 1.º e 2.º de Primaria puxeron música á celebración con cancións relacionadas co medio ambiente.

-  3.º de Primaria sorprendeunos con dúas representacións teatrais.

- 4.º de Primaria preparou unha exposición de aparellos elaborados con materiais reciclados, acompañada dunha selección de libros de temática ambiental.

-  5.º de Primaria presentou o traballo «As árbores do cole», achegándonos á riqueza natural da nosa contorna.

Foi unha xornada para aprender uns dos outros, valorar o traballo realizado e lembrar a importancia de protexer o medio ambiente.

Pequenas accións, grandes cambios!

Con esta celebración puxemos punto final a un proxecto que nos acompañou durante todo o curso e que nos deixou moitas aprendizaxes, experiencias e momentos compartidos.

Porque coidar o planeta é unha tarefa de todos e todas! 





Ningún comentario:

Publicar un comentario