luns

"A poesía, din, é a memoria do mundo". Juan Marqués

A poesía está por todas partes, o que importa é explorar para descubrila. A biblioteca escolar é un lugar privilexiado para estimular esa mirada que xogue a descubrir a poesía que se agocha nas paisaxes, na música, no cine, nunha noite estrelada, no baile do vento na herba, nos seres minúsculos que só podemos ver a través do microscopio, nesa música que engaiola, na palabra dos poetas, na tradición oral, nun texto que nos traspasa e nos obriga a mirarnos, nesa persoa que nos axuda a abrir os ollos para ver o que nos rodea, no último descubrimento científico (eses escutoides descoñecidos até agora), nesa voz que nos fala, nese abrazo que nos agarima... 

Poéticas diversas convida a asolagar as aulas de poesía, a tratar con poetas, a perderlle o medo á metáfora, a xogar coa palabra e coa imaxe até obter todo o seu zume, a coñecer a excelente e variada creación poética galega destinada a todas as idades, a permitir que o alumnado galego poña voz e dea vida á tradición lírica galega, á poesía de Rosalía e de todas e todos os poetas que foron e son. 

COLABORANDO! VOLUNTARIAS E VOLUNTARIOS





INAUGURAMOS AS ACTIVIDADES COAS MOCHILAS VIAXEIRAS

Un novo curso e as maletas viaxeiras xa están listas para viaxar ata as nosas casas. Compartiremos as lecturas e as imaxes en familia. Será divertidoseguro! 



sábado

LETRAS GALEGAS 2018

Recitar, cantar ... ? Si, si. De todo isto son capaces 5º e 6º.
Pasando por todas as aulas do cole fixéronos pasar un día moi agradable e como non, na nosa lingua, a que falaban os nosos antergos e que sigue viva na fala e na escrita, a LINGUA GALEGA.

Taller de reciclado de papel: deseño dun marcapáxinas no papel elaborado.
Elaboración de portadas.





martes

DÍA DO LIBRO : LIBRO AMIGO / RECITANDO A GLORIA FUERTES

Compartir o libro que más che gusta, ou que máis che gustou, ou que te divirte, ... calquera razón é boa para intercambiar libros no cole durante uns días.
Aos libros gústalles  viaxar e ser lidos, así que esperamos que esta experiencia sirva para realizar intercambio de libros máis veces!

  MEU LIBRO AMIGO

O próximo luns 23 de abril celebraremos o día do libro cunha actividade na que vós seredes os protagonistas xenerosos. Convidámosvos a traer o voso libro favorito para deixalo en préstamo durante unha semana a outro compañeir@ da aula, deste xeito cada un de vós disfrutares dun libro favorito dos vosos compañeir@s.
Lembrade buscar ese libro que vos resultou especial para compartir e traédeo o próximo luns.


COMPARTIMOS TESOUROS

Os maiores recitan para todos poemas de Gloria Fuertes.
Unha poesía, un rap,... 






domingo

INAUGURACIÓN

Queres diversión?

ENTRA
   LEE
     XOGA
        DRAMATIZA
              DECLAMA
                       BUSCA
                 COOPERA
         INFÓRMATE
     DEBUXA
EXPRÉSATE
                   ... estás na NOSA BIBLIOTECA





PECHAMOS POR OBRAS


A nosa Biblioteca vai entrar nunha nova era; modernizada, accesible, adaptada a novos usos e á tecnoloxía, libros, mobiliario, novos espazos... unha BIBLIOTECA do século XXI!
Depidámonos!

xoves

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

DÍA DA MULLER TRABALLADORA
Un día no que aínda temos pouco que celebrar, pero moito que reclamar: o fin da discriminación, que se erradiquen as violencias machistas, que se acade a igualdade salarial, a universalización dos cuidados, a libre elección...