mércores






A temática do proxecto, deste curso, do Equipo  da  Biblioteca e de Dinamización da Lingua Galega é a Banda deseñada, por iso decidimos decorar o centro con personaxes de cómic navideño.

FELICES FESTAS!!!!





 

sábado



CONMEMORACIÓN DO 25 NOVEMBRO


Polo día Internacional da eliminación da Violencia contra a Mulleres quixemos concienciar aos nos@s alumn@s mediante tres contos sobre esta temática:
- Maruxa
- Artur e Clementina
- Soy solo mía.



Tamén contamos con recuncho de libros pola igualdade e concienciación da violencia de xénero.






 

martes


NADAL NA BIBLIOTECA DO ILLA VERDE...


Dende o Equipo de biblioteca fixemos unha selección de contos de Nadal e tamén decoramos a Biblioteca.



 

luns




Celebración do día da diversidade.


 Con motivo do día da diversidade funcional (3 de decembro) dende a biblioteca propuxemos a lectura sobre esta temática o luns 4 de decembro,asignamos un libro para cada clase.


Na biblioteca temos un recuncho con libros pola inclusión.