xoves

 

Día Mundial do TEA: aprender, comprender e incluír.



No nosos centro quixemos conmemorar o Día Mundial do TEA (Trastorno do Espectro Autista) cunha actividade moi especial organizada polo Departamento de Orientación.

Levamos a cabo unha xincana de concienciación, na que o alumnado puido coñecer mellor as características e necesidades das persoas con TEA a través de diferentes probas e dinámicas. Foi unha experiencia enriquecedora que nos axudou a fomentar a empatía, o respecto e a inclusión.





Un dos aspectos máis destacados da actividade foi o papel do alumnado de 5º e 6º, que se converteu en protagonista ao explicar e guiar ao resto dos compañeiros e compañeiras ao longo da xincana. O seu compromiso e implicación fixeron desta xornada unha aprendizaxe compartida moi significativa.


 Na biblioteca tamén acompañamos esta celebración cunha selección de contos e materiais relacionados coa diversidade, para seguir aprendendo e reflexionando xuntos.

Porque comprender é o primeiro paso para incluír.




domingo

 



Versos de Rosalía para coidar o noso entorno



Na nosa biblioteca celebramos o Día da Poesía e de Rosalía de Castro (23 de febreiro) dunha maneira moi especial, unindo literatura e conciencia ambiental.

O alumnado de 3º participou nun fermoso recitado de fragmentos de poemas de Rosalía de Castro, nos que a natureza e a paisaxe teñen un papel fundamental. A través dos seus versos, puidemos reflexionar sobre a beleza do noso entorno e a importancia de coidalo e respectalo.

Esta actividade, ademais de achegarnos á figura dunha das escritoras máis importantes da nosa literatura, permitiunos conectar a poesía co noso proxecto anual sobre a protección do medio ambiente, descubrindo como as palabras tamén poden inspirarnos a actuar.

Foi un momento cheo de emoción, sensibilidade e respecto pola natureza, no que a biblioteca se encheu de voz, ritmo e sentimento.

Porque a poesía tamén pode axudarnos a construír un mundo mellor.










xoves

 


No Día Internacional da Muller, na nosa biblioteca escolar quixemos destacar o papel das mulleres nun ámbito fundamental: a protección e o coidado do medio ambiente .

Este ano, en relación co noso proxecto sobre o coidado do planeta, adicamos esta xornada a coñecer e valorar o traballo de moitas mulleres que loitan cada día por un mundo máis sostible: científicas, investigadoras, activistas e profesionais que contribúen a conservar a natureza e a mellorar o noso entorno.


Na biblioteca tamén preparamos unha selección de contos e libros relacionados coa igualdade e o medio ambiente, fomentando a reflexión sobre a importancia de construír un futuro máis xusto e sostible.

Como parte desta celebración, elaboramos un mural na entrada do centro, no que o alumnado plasmou ideas, mensaxes e imaxes relacionadas co papel das mulleres na defensa do medio ambiente. Esta actividade permitiunos reflexionar e expresar, de forma creativa, a importancia de coidar o planeta e de recoñecer o traballo das mulleres neste ámbito .

 Porque coidar do planeta tamén é cousa de todos e todas… e as mulleres teñen moito que dicir e facer!





Este ano celebramos o Entroido no noso centro dunha maneira moi especial! 
Como é tradición, seguimos as instrucións do  meco de Entroido,  relacionadas co noso proxecto anual sobre o coidado do medio ambiente . Cada día tivemos que levar posto o que nos indicaba. fomentando o uso de materiais reciclados e creatividade promovendo así o respecto e coidado do noso planeta.

Ademais, os disfraces do alumnado tamén estiveron inspirados neste tema: personaxes, elementos da natureza e ideas ecolóxicas que fixeron desta festa unha celebración divertida, colorida e consciente. 

A biblioteca converteuse nun espazo de aprendizaxe, imaxinación e conciencia ambiental, recordándonos que podemos gozar das tradicións ao mesmo tempo que coidamos o mundo que nos rodea.





 



No Día da Muller e a Ciencia, na nosa biblioteca queremos visibilizar o talento, o esforzo e as aportacións das mulleres na ciencia e a tecnoloxía. Este ano adicamos a conmemoración a Mª Ángeles Romero Rodríguez, catedrática da área de tecnoloxía de alimentos na Universidade de Santiago de Compostela, que se converteu na primeira muller catedrática de Galicia nesta área e é directora da Cátedra Institucional do Pan e do Cereal.

Para dar a coñecer a súa historia, o alumnado elaborou un cómic que narra os momentos máis importantes da súa vida e carreira. A través desta actividade, descubrimos o esforzo, a perseveranza e a creatividade que levaron a Mª Ángeles Romero Rodríguez a destacar nun campo tradicionalmente dominado por homes, inspirándonos a seguir os nosos soños sen medo.

Animámosvos a achegarvos á biblioteca para descubrir o cómic, aprender sobre a súa historia e reflexionar sobre a importancia da igualdade e a presenza das mulleres na ciencia.

Porque todas as historias contan e todas as mulleres poden deixar a súa pegada na ciencia!


 


 

 

Reflexionar, aprender e construír un mundo mellor.


No Día da Paz, na nosa biblioteca escolar queremos facer un espazo de reflexión e aprendizaxe sobre o que significa a paz e por que é tan importante en tempos en que en diferentes partes do mundo hai conflitos que afectan a moitas persoas. 

A paz non só é a ausencia de guerra, senón tamén o respecto, a solidariedade e a convivencia entre as persoas e os pobos. Este ano, relacionamos o día con varios conflitos que están presentes na actualidade, para comprender mellor o que está a pasar no mundo e invitar ao alumnado a pensar en valores como o respecto, a empatía e a resolución pacífica de problemas.

Falamos de situacións como as que viven persoas en lugares como Gaza, Ucrania, Venezuela ou rexións de Congo, onde os conflitos xeraron inseguridade, sufrimento e grandes dificultades para as comunidades.  Aprender sobre estes temas axúdanos a coñecer mellor o mundo no que vivimos, a valorar a importancia da paz e a pensar en pequenas accións que podemos facer desde o noso día a día para promover o respecto mutuo e a comprensión. 

Cada ciclo do cole elaborou un mural relacionado con este tema, reflectindo ideas, mensaxes e imaxes que inspiran a convivencia, a empatía e a solidariedade. Estes murais mostran como o alumnado comprendeu a importancia da paz, a cooperación e a resolución pacífica de conflitos, e como podemos aportar o noso pequeno gran xesto para mellorar o mundo.

 Porque a paz comeza en nós: con palabras de respecto, actitudes de comprensión e accións solidarias.




Ademáis, dende a biblioteca fixemos unha recopilación de contos sobre a paz, adaptados a cada ciclo, para achegar este tema ao alumnado dun xeito máis próximo e comprensible. A través destas historias, traballamos valores como o respecto, a amizade, a resolución pacífica de conflitos e a importancia de poñerse no lugar dos demais.



 

venres



Coa chegada do inverno, a nosa biblioteca convértese nun lugar perfecto para acubillarse cun bo libro e deixar voar a imaxinación .

Preparamos unha selección de contos de inverno cheos de historias máxicas, aventuras en paisaxes nevadas, animais curiosos e momentos que nos fan reflexionar sobre a amizade, a solidariedade e a importancia de compartir. É o momento ideal para descubrir novas historias ou reler os vosos libros favoritos, sentados tranquilamente e disfrutando do espírito desta estación.

Animámosvos a visitar a biblioteca, escoller o voso conto favorito e mergullarse nun inverno cheo de aventuras entre páxinas .

Porque mesmo nos días máis fríos, un bo libro quenta o corazón.








 


Chega o Nadal e a nosa biblioteca encheuse de luz, historias e espírito festivo! 📚✨

Un ano máis preparamos unha selección de contos de Nadal para que o alumnado poida mergullarse nas historias máis máxicas: aventuras, tradicións e valores que nos inspiran a compartir, colaborar e soñar.

Ademais, decoramos a entrada do cole con casiñas feitas de cartón e outros materiais reciclados ♻️. Esta iniciativa forma parte do noso proxecto anual sobre o coidado do medio ambiente, lembrándonos que podemos celebrar as festas sendo respectuosos co planeta. Cada casa é única, feita polos nenos e nenas con moita creatividade e ilusión.

🌟 A biblioteca convértese así nun lugar para ler, aprender e reflexionar sobre a importancia de coidar o noso entorno, ao mesmo tempo que desfrutamos do Nadal.







 

xoves




Na nosa biblioteca conmemoramos o día da Discapacidade, un momento para reflexionar sobre a importancia da inclusión, o respecto e a empatía. 

Cada persoa é única, e as nosas capacidades poden ser diferentes, pero iso non nos impide aprender, xogar, ler e compartir momentos xuntos. Para conmemorar este día, preparamos unha selección de libros e contos que nos axudan a coñecer distintas experiencias, entender as dificultades que outras persoas poden vivir e valorar a riqueza da diversidade.

Animamos ao alumnado a achegarse á biblioteca, descubrir estas lecturas e participar nas actividades que propoñemos, fomentando a solidariedade, o respecto e a amizade entre todos e todas. 🌈

 Porque todos e todas temos dereito a ser escoitados, comprendidos e incluídos.



Ademáis o noso centro participou nunha actividade moi especial xunto co alumnado do Centro de Educación Especial Santa María: unha carreira conxunta ao estilo da San Silvestre! 🏃‍♂️🏃‍♀️💛

Foi un momento cheo de alegría, compañeirismo e espírito de equipo, no que todos e todas puidemos compartir deporte, risas e diversión, celebrando a diversidade e a inclusión en acción. Cada paso da carreira recordounos que, aínda que as nosas capacidades poidan ser diferentes, todos podemos participar, aprender xuntos e gozar dunha experiencia compartida. 🌈

Ademais, na biblioteca preparamos unha selección de libros e contos sobre diversidade funcional, para seguir reflexionando e aprendendo sobre respecto, empatía e solidariedade.

Grazas a todo o alumnado, profesorado e ao Centro Santa María por facer desta actividade un momento inesquecible!










 

venres



No noso centro sumámonos á conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller. 

Este día é unha oportunidade para reflexionar, aprender e concienciar sobre a importancia do respecto, da igualdade e da non violencia en todas as relacións. Na biblioteca preparamos unha selección de libros e contos que nos axudan a falar destas temáticas de forma adecuada para todas as idades, fomentando o diálogo, a empatía e o respecto mutuo.

Animamos ao alumnado a achegarse, descubrir estas lecturas e participar nas actividades que propoñemos para reflexionar e aprender xuntos. Cada pequena acción conta na loita contra a violencia de xénero.






 


Este ano celebramos o Magosto  cunha xornada chea de sabor e música. Contamos coa presenza dunha castañeira que nos ensinou todos os segredos das castañas e as mellores formas de preparalas, e tamén de Blanca Villares  que encheu o espazo de cancións alegres para que todos e todas puidésemos cantar e bailar .

O alumnado desfrutou aprendendo, probando as castañas e participando activamente nesta festa tan tradicional. Foi un momento perfecto para compartir, rir e vivir a cultura e as tradicións do outono xuntos.

Dende a biblioteca recordándonos que os libros e as historias están moi ligados ás nosas raíces e ás festas populares.

Foi unha xornada unha experiencia inesquecible!

Agardamos con ilusión o próximo Magosto!






 


O Samaín chegou á nosa biblioteca e ao cole! 🍂🎃 Un ano máis , ademais das nosas tradicionais cabazas decoradas por todos os nenos e nenas do centro, preparamos unha selección de contos perfectos para mergullarse no espírito desta festa.

Na biblioteca atoparedes historias de medo, aventuras cheas de misterio e contos con personaxes divertidos que vos farán rir… e talvez tamén arrepiárvos un pouco! 

As cabazas do cole, cada unha co seu toque único, enchéronnos de cor e imaxinación, creando un ambiente máxico para ler e xogar. Foi emocionante ver a creatividade de todo o alumnado reflectida neste pequeno “bosque de cabazas” no noso espazo.

Animámosvos a vir ver as cabazas, descubrir os contos de Samaín e gozar dunha lectura arrepiante neste outono. 

 E ti, xa tes o teu conto favorito de medo para este Samaín?





 


   Este Samaín tivemos a sorte de recibir un ano máis na nosa biblioteca a visita da escritora e mamá do cole, Ana Meilán, que nos presentou o seu libro Xertrudis busca traballoDurante o encontro, o alumnado puido coñecer de primeira man a autora, escoitar a historia de Xertrudis busca traballo e descubrir como nacen os libros e os seus personaxes. Ademáis este libro é un dos elixidos para o noso Club de lectura.

   Foi unha actividade chea de imaxinación, risas e tamén algún toque “terrorífico”, moi acorde con estas datas. Ademais, tivemos a oportunidade de participar, facer preguntas e compartir as nosas impresións sobre a lectura, convertendo a biblioteca nun espazo vivo de encontro coa literatura.

   Grazas a Ana Meilán por acompañarnos nesta xornada tan especial e por achegarnos un pouco máis ao marabilloso mundo dos libros.

Agardamos con ilusión a próxima visita!




 




         Coa chegada do Samaín, a nosa biblioteca transfórmase nun espazo cheo de misterio, imaxinación… e algún que outro susto! Durante estes días, organizamos diferentes obradoiros para que o alumnado poida gozar desta celebración tan especial. Realizaremos actividades creativas como elaboración de  decoracións de Samaín, contos de medo e outras sorpresas arrepiantes. A través destes obradoiros, queremos fomentar a creatividade, o gusto pola lectura e o traballo en equipo, sempre nun ambiente divertido e acorde coa temática.

Coma outros anos participaron moit@s nen@s que deixaron voar a imaxinación… e mergulláronse no lado máis misterioso da biblioteca!





 



Coa chegada do outono, os días fanse máis curtos, as temperaturas baixan… e apetece máis ca nunca acubillarse cun bo libro.

Dende a biblioteca escolar queremos propoñervos unha selección de lecturas perfectas para esta época do ano: historias de misterio, aventuras emocionantes e contos cheos de maxia que vos farán viaxar sen saír do sofá.

É o momento ideal para descubrir novos libros, reler os vosos favoritos ou deixarvos sorprender por historias diferentes.

Animámosvos a pasar pola biblioteca, escoller a vosa próxima lectura e gozar deste tempo de outono entre páxinas.

 Cal será o voso libro para este outono?

Agardámosvos na biblioteca!






 

luns




     Co inicio do novo curso, a nosa biblioteca escolar abre de novo as súas portas con moita ilusión e ganas de compartir lecturas, aprendizaxes e momentos especiais.

     Como cada ano, un dos momentos máis importantes é dar a benvida ao alumnado que comeza a etapa de Primaria. Para eles e elas, organizamos pequenas sesións nas que lles ensinamos como funciona a biblioteca: como coidar os libros, como atopalos nas estanterías e como facer uso do préstamo.

A través destas actividades, buscamos que se sintan cómodos neste espazo, que descubran todo o que a biblioteca pode ofrecerlles e que pouco a pouco se convertan en grandes lectores e lectoras.

A biblioteca é un lugar para aprender, imaxinar e gozar… e está aberta para todos e todas!

Agardámosvos!






 

mércores

        PROXECTO DA BIBLIOTECA 2024-25

 A biblioteca continúa a ser un elemento dinamizador da maioría das actividades, que contribúe á formación multidisciplinar do alumnado.

Este curso eliximos como proxecto da biblioteca “ As escritoras contemporáneas, elas escriben o futuro”. Este proxecto estivo moi relacionado ca participación no programa 21 Días co Galego e + , que convertíu a biblioteca nun lugar de contacontos , regueifas, obradoiros, charlas en galego…escenario de vídeos que tivemos que presentar. Tamén estivo relacionado co proxecto de dinamización das
Cantareiras, sendo lugar de ensaio das cantigas, de lectura de cantigas, gravacións, dotando o centro de libros destas temáticas, decorando o centro, entre outras cousas.
Con motivo do programa 21 Días co Galego e + cada clase tocoulle unha escritora
galega contemporánea e tiveron que traballar sobre elas, por medio dos seus contos e novelas, visionado de vídeos e tamén decoraron cada porta da clase con debuxos e imaxes de cada escritora asignada. Foron un total 19
escritoras: Eva Mejuto, Paula Carballeira, Berta Dávila, Teresa Moure, María Solar, Ana Meilán, Ledicia Costas, Andrea Maceiras, Fina Casalderrey, Marica Docampo, Beatriz Maceda Abelairas, María Reimóndez, Antía Yáñez, Antía Yáñez, Rosa Aneiros, Marilar Aleixandre, Yolanda Castaño, Inma López Silva, María Xosé Queizán e Xulia Pisón.

MARICA CAMPO

A temática do proxecto da Biblioteca deste ano é "Escritoras contemporáneas, elas escriben o futuro". Por iso foi unha fortuna recibir, como colofón deste proxecto, a visita da gran escritora lucense Marica Campos. 

Foi un pracer escoitala. Contounos aventuras destes estes anos como escritora, mestra e poeta. E respondeu con moitísimo cariño todas as preguntas do nos alumnado.  

Ademáis un dos seus libros "E Xoel aprendeu a voar" foi elidido polo alumnado de 5º para o club de lectura que comenzamos este ano.

Agradecémoslles a súa visita, a súa amabilidade e cercanía.

xoves

CLUB DE LECTURA


 A creación do Club de Lectura, foi moi ben acollida. O noso club está formado por varios grupo de

lectores que se reuniron para comentar o libro que todos escolleran entre todos dunha serie de lecturas

propostas pola coordinadora. O final a organización dos cursos foi diferente do establecido e o fixemos, para

2º, 4º e 5º. As reunións foron na Biblioteca, nunha sesión no recreo cada mes. A coordinadora encargouse

de moderar as sesións, expor preguntas que estimulasen a intervención de todos os membros do grupo e

organizar actividades referentes as lecturas seleccionadas. Para as lecturas escollemos colección de libros

da biblioteca, un cómic que triunfa no nosos cole “O capitán lentella”, o curso pasado tivemos a sorte de

facer un obradoiro de banda deseñada con Jorge Campos e foi un éxito e como os seus debuxos triunfan

no noso cole o alumnado de 4º escolleu “Xulia Belavista,detective animalista” de Diego Ameixeiras,

pero con ilustracións de Jorge Campos e para 5º “E Xoel aprendeu a voar” de Marica Campo que nos

vai visitar o mércores 11 de xuño.