domingo


                          CÓMIC EN GALEGO
Para conmemorar o día das letras galegas tivemos unha exposición de cómics en galego. 




xoves

 DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Como cada ano no noso centro celebramos
o Día das Letras galegas con teatro no patio. Os actores e actrices foron o alumnado de 5º e 6º, que interpretaron algúns dos contos da biblioteca, normalmente elixen contos da editorial OQO.




mércores

 DIA DA FAMILIA


Con motivo do Día da familia este curso tivemos duas actividades moi especiais: un contacontos da Profe Alba para infantil e un concerto do alumnado de música de 2ºde BAC dO IES Ánxela Fole, acompañados pola súa profe Beni, que é mamá dunha alumna do cole. 

Ademais tivemos unha exposición de libros sobre a familia na entrada do cole, dando a coñecer os libros que temos desta temática.







luns

DíA DO LIBRO 2024

un COLE CHEO DE CONTOS

 cada ano no noso centro celebramos o Día do libro da mellor maneira... lendo contos!!!

Os maiores do cole leen un conto os máis pequenos,unha actividade que lles encanta porque pasados uns anos os pequenos serán os maiores e farán o mesmo.


Obradoiros de banda deseñada.





A temática do proxecto educativo, deste curso, do Equipo da Biblioteca e de Dinamización da Lingua Galega é a Banda deseñada, por iso recibimos a visita de dous grandes ilustradores e debuxantes de cómic: Xulia Pisón e Jorge Campos.

Ensináronnos a debuxar diferentes personaxes e así facer  un gran cómic que é o noso traballo final do proxecto.Ademáis faláronnos dalgúns dos seus cómics  “Microalgas. O mundo oculto” de Xulia e “O capitán Lentella” de Jorge. Agradecémoslles a súa visita, a súa amabilidade e cercanía.






venres

              Contactos Xanela de Maxín

Esta semana tivemos a sorte de contar cun contacontos da compañía de teatro A Xanela do Maxín grazas o Consorcio Editorial.



 

Conmemoración do 8 M

Coma todos os anos dende o noso centro conmemoramos o 8 de marzo para apoiar a loita das mulleres pola súa participación na sociedade e o seu desenvolvemento íntegro como persoa, en pé de igualdade co home. Queremos que as nosas nenas non deixemde loitar e se sintan libres de pensar e actuar como queiran nun mundo cos mesmos direitos que os nenos.

Para concienciar aos nos@s alumn@s fixemos uns obradoiros con tres contos sobre esta temática:

- Daniela Pirata e as mozas pirata.
- As nenas serán o que queiran ser.
- Eu vou comigo.


.


xoves

Mulleres na banda deseñada 8 M

Ademáis dos obradoiros no recreo, fixemos unha selección de cómics sobre mulleres e escritos por mulleres, provomendo así a lectura de cómics como se establece no noso proxecto deste curso. 



venres

Día de Rosalía De Castro. 

 Con motivo do día de Rosalía De Castro (23 de febrero), os alumn@s de 5º recitaron ó resto do alumnado diferentes poemas da autora.


 


 



domingo




Día internacional da muller e nena na ciencia.

 Con motivo do día internacional da muller e nena na ciencia ( 11 de febrero),dende a biblioteca propuxemos bibliografía relacionada ca temática.


 













 

martes




Día da PAZ





 Con motivo do día da PAZ  (30 de xaneiro) dende a biblioteca propuxemos a lectura sobre temas relacionado ca PAZ(a guerra, o bulling, a emigración,...) ,asignamos un libro para cada clase.



 

venres

Maleta viaxeira 

Banda diseñada





A última maleta viaxeira deste curso é da banda diseñada que é o tema do Proxecto de Normalización e Biblioteca deste curso. 

martes


NOVIDADES!!!!



Comezamos o segundo trimestre con novidades na Nosa biblioteca.