luns

TEATRO: VISITA DO APALPADOR



Representación dunha obra de teatro  a cargo da ANPA do cole. Poidemos ver e saber algo máis desa figura do apalpapador, cantar con eles, rir e escoltar consellos.
Pero, quen era o APALPADOR?
O Apalpador é un un xigante carboeiro que descendía das devesas na noite do 24 ou 31 de decembro, segundo a zona, para visitar os nenos, tocándolles no ventre para ver se comeron abondo durante o ano, deixándolles unha presada de castañas, eventualmente algún regalo e desexándolles que teñan un ano novo cheo de felicidade e fartura, murmurándolles “así estexas todo o ano”. A súa figura comezou a popularizarse como símbolo do anticonsumismo no Nadal e para recuperar os valores da tradición natalicia galega e confrontalo co importado Papa Noël ou mesmo, coa figura dos Reis Magos.

RECOMENDACIÓNS PARA LER

luns

XOGOS MATEMÁTICOS PARA TOD@S

25 de noviembre: Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

NÓS DICIMOS NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO


AS BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Un curso máis, seguimos necesitando accións para denunciar a violencia sistémica contra  as mulleres e as violencias cotiás exercidas contra nenas, mozas e mulleres de toda idade e condición en distintos espazos e ámbitos, tanto privados como públicos. Desde a ONU, un ano máis, lanzan a campaña de 16 días de activismo contra a violencia de xénero baixo o lema "Pinta o mundo de laranxa: Xeración Igualdade condena a violación", centrada na existencia dunha impunidade xeralizada na violencia sexual e na violación.

luns



A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, seguindo a súa dinámica de difusión das posibilidades que ofrece a biblioteca escolar ao conxunto da comunidade educativa, dá a coñecer o lema que propón ás bibliotecas escolares galegas para o presente curso 2019/2020: "Biblioteca escolar, viveiro de cidadanía". Nesta ocasión é o ilustrador Óscar Villán quen interpreta o lema e nos ofrece unha imaxe múltiple e evocadora de diversas situacións que unha biblioteca escolar pode facilitar. 
Intervir na biblioteca escolar (nos seus espazos, nos seus tempos, nos seus recursos e actividades) ten consecuencias para o alumnado e para a comunidade educativa. Das características e dos enfoques desa intervención dependen os usos e as oportunidades que a biblioteca pode ofrecer. Cómpre unha reflexión sobre a distribución dos espazos, a organización dos tempos, a selección dos recursos e, moi especialmente, sobre o enfoque das actividades, co fin de que a biblioteca escolar poida facilitar o diálogo, a lectura crítica, a reflexión, o acceso ao coñecemento, o pensamento, a investigación, a experimentación, a creación, a comunicación, a adquisición de competencias útiles para a vida e para a convivencia, para o desenvolvemento académico e persoal, para unha participación activa nunha sociedade máis xusta e igualitaria.
Nada disto é doado nin se consegue nun curso escolar. Cómpre sementar, crear ese hábitat axeitado para que os pequenos e as pequenas, os mozos e mozas vaian desenvolvendo a estima por si mesmos e polos recursos naturais e culturais á súa disposición, aprendan a convivir cos outros, adquiran paulatinamente os valores democráticos, o respecto polos Dereitos Humanos e a Cultura de Paz imprescindible para unha convivencia xusta, pacífica e enriquecedora para todos e todas. 
A biblioteca escolar pode chegar a ser ese "viveiro de cidadanía" no que medren en confianza as xeracións novas e poidamos forxar esperanza fronte aos retos que o mundo actual nos presenta. 

ESTAMOS DE VOLTA! CURSO 2019/20

Que mellor que comezar cun bo lema!
Ánimo que leer produce soños, soñemos!