NADAL21
luns
xoves
mércores
sábado
xoves
DÍA DAS BIBLIOTECAS
Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro, unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas.
COMEZAMOS UN NOVO CURSO TOMANDO A PALABRA
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade publica o lema e o cartel para as bibliotecas escolares de Galicia de cara a este curso 2021/2022. O lema elixido, A BIBLIOTECA ESCOLAR TEN A PALABRA, quere poñer o foco na palabra e a oralidade.
domingo
sábado
venres
LETRAS GALEGAS : XELA ARIAS
Letras Galegas 21 from bibliotecaillaverde
Letras galegas todo o ano nas bibliotecas escolares, en maio tamén.
domingo
DÍA DO LIBRO
Achégase o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor, en acepción da UNESCO, e desde a Consellería de Cultura, Educación e Universidade edítase o díptico para conmemorar este día 23 de abril de 2021.
xoves
luns
mércores
domingo
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
O 24 de febreiro está recollido no Calendario do Libro e a Lectura, publicado pola Consellería de Cultura, Educación e Universidad, como o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. Cada ano son máis as institucións que se suman á celebración do DÍA DE ROSALÍA, entre elas as bibliotecas escolares promovendo actividades que achegan ao alumnado a súa vida e obra. Traballos de investigación, lecturas compartidas, roteiros, actividades plásticas e creativas, programas de radio, proxectos multimedia... son algunhas das propostas que nestes días salientan a modernidade e actualidade do seu pensamento.
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega convida neste 2021, baixo o lema Teus doces cantares, a celebrar este día co agasallo dun libro en galego e unha flor ás amizades e persoas queridas.