O Samaín chegou á nosa biblioteca e ao cole! 🍂🎃 Un ano máis , ademais das nosas tradicionais cabazas decoradas por todos os nenos e nenas do centro, preparamos unha selección de contos perfectos para mergullarse no espírito desta festa.
Na biblioteca atoparedes historias de medo, aventuras cheas de misterio e contos con personaxes divertidos que vos farán rir… e talvez tamén arrepiárvos un pouco!
As cabazas do cole, cada unha co seu toque único, enchéronnos de cor e imaxinación, creando un ambiente máxico para ler e xogar. Foi emocionante ver a creatividade de todo o alumnado reflectida neste pequeno “bosque de cabazas” no noso espazo.
Animámosvos a vir ver as cabazas, descubrir os contos de Samaín e gozar dunha lectura arrepiante neste outono.
E ti, xa tes o teu conto favorito de medo para este Samaín?





