Na nosa biblioteca conmemoramos o día da Discapacidade, un momento para reflexionar sobre a importancia da inclusión, o respecto e a empatía.
Cada persoa é única, e as nosas capacidades poden ser diferentes, pero iso non nos impide aprender, xogar, ler e compartir momentos xuntos. Para conmemorar este día, preparamos unha selección de libros e contos que nos axudan a coñecer distintas experiencias, entender as dificultades que outras persoas poden vivir e valorar a riqueza da diversidade.
Animamos ao alumnado a achegarse á biblioteca, descubrir estas lecturas e participar nas actividades que propoñemos, fomentando a solidariedade, o respecto e a amizade entre todos e todas. 🌈
Porque todos e todas temos dereito a ser escoitados, comprendidos e incluídos.

Ademáis o noso centro participou nunha actividade moi especial xunto co alumnado do Centro de Educación Especial Santa María: unha carreira conxunta ao estilo da San Silvestre! 🏃♂️🏃♀️💛
Foi un momento cheo de alegría, compañeirismo e espírito de equipo, no que todos e todas puidemos compartir deporte, risas e diversión, celebrando a diversidade e a inclusión en acción. Cada paso da carreira recordounos que, aínda que as nosas capacidades poidan ser diferentes, todos podemos participar, aprender xuntos e gozar dunha experiencia compartida. 🌈
Ademais, na biblioteca preparamos unha selección de libros e contos sobre diversidade funcional, para seguir reflexionando e aprendendo sobre respecto, empatía e solidariedade.
Grazas a todo o alumnado, profesorado e ao Centro Santa María por facer desta actividade un momento inesquecible!