Este ano celebramos o Entroido no noso centro dunha maneira moi especial!
Como é tradición, seguimos as instrucións do meco de Entroido, relacionadas co noso proxecto anual sobre o coidado do medio ambiente . Cada día tivemos que levar posto o que nos indicaba. fomentando o uso de materiais reciclados e creatividade promovendo así o respecto e coidado do noso planeta.
Ademais, os disfraces do alumnado tamén estiveron inspirados neste tema: personaxes, elementos da natureza e ideas ecolóxicas que fixeron desta festa unha celebración divertida, colorida e consciente.
A biblioteca converteuse nun espazo de aprendizaxe, imaxinación e conciencia ambiental, recordándonos que podemos gozar das tradicións ao mesmo tempo que coidamos o mundo que nos rodea.


