Para lograr a paz temos que aprender a evitar a violencia e comprometernos con formas pacíficas de resolución de conflitos no noso día a día, o que inclúe unha aposta educativa pola non-violencia no noso cole. Un único día no calendario escolar, por moi importante que sexa, non vai converternos en cidadadáns pacíficos e comprometidos coa paz. Así intentamos que no día a día a resolución de conflitos, os problemas de desigualdades, as situacións de discriminación...fagan que aprendamos a traballar en paz e pola paz.
Un vídeo sobre a discriminación.Anímaste a velo?
Ningún comentario:
Publicar un comentario