venres


   Este Samaín tivemos a sorte de recibir un ano máis na nosa biblioteca a visita da escritora e mamá do cole, Ana Meilán, que nos presentou o seu libro Xertrudis busca traballoDurante o encontro, o alumnado puido coñecer de primeira man a autora, escoitar a historia de Xertrudis busca traballo e descubrir como nacen os libros e os seus personaxes. Ademáis este libro é un dos elixidos para o noso Club de lectura.

   Foi unha actividade chea de imaxinación, risas e tamén algún toque “terrorífico”, moi acorde con estas datas. Ademais, tivemos a oportunidade de participar, facer preguntas e compartir as nosas impresións sobre a lectura, convertendo a biblioteca nun espazo vivo de encontro coa literatura.

   Grazas a Ana Meilán por acompañarnos nesta xornada tan especial e por achegarnos un pouco máis ao marabilloso mundo dos libros.

Agardamos con ilusión a próxima visita!




 

Ningún comentario:

Publicar un comentario