Día Mundial do TEA: aprender, comprender e incluír.
No nosos centro quixemos conmemorar o Día Mundial do TEA (Trastorno do Espectro Autista) cunha actividade moi especial organizada polo Departamento de Orientación.
Levamos a cabo unha xincana de concienciación, na que o alumnado puido coñecer mellor as características e necesidades das persoas con TEA a través de diferentes probas e dinámicas. Foi unha experiencia enriquecedora que nos axudou a fomentar a empatía, o respecto e a inclusión.
Un dos aspectos máis destacados da actividade foi o papel do alumnado de 5º e 6º, que se converteu en protagonista ao explicar e guiar ao resto dos compañeiros e compañeiras ao longo da xincana. O seu compromiso e implicación fixeron desta xornada unha aprendizaxe compartida moi significativa.
Na biblioteca tamén acompañamos esta celebración cunha selección de contos e materiais relacionados coa diversidade, para seguir aprendendo e reflexionando xuntos.
Porque comprender é o primeiro paso para incluír.
Ningún comentario:
Publicar un comentario